Elektrine
Log in Register
Paige Chat Timeline Gallery Friends Email Drive DNS Private DNS Domains VPN Kairo Nerve
Remote

Ames Pospetróleo

@amespospetroleo@15-15-15.social
mastodon 4.7.3
  • Open on 15-15-15.social

Asociación creada en marzo de 2015 para a adaptación do municipio de Ames e da súa veciñanza para vivir con pouco e caro petróleo, é dicir, para a era pospetróleo, poscrecemento e postindustrial derivado do Peak Oil ou Teito da extracción mundial do petróleo.

#Ames #Galiza #Galicia #PeakOil #TransicionEnerxetica

0 Followers
0 Following
30 Posts
Joined December 13, 2025
Blog:
https://www.pospetroleo.com/ames/
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 5mo ago

🎙️ Antonio Turiel @amturiel@mastodon.social fai balance da xira #NoNormal no noso programa e achega algunhas ideas para nos poñermos en andamento tamén en Galiza. https://www.pospetroleo.com/ames/podcast/programa-205-non-e-normal-nin-o-vai-ser/

#Colapso #Decrecemento #Decrecimiento #GuerraIran #Diesel #GzSenPetroleo

pospetroleo.com

Programa 205. Non é normal, nin o vai ser – Ames Pospetróleo

9
0
7
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 6mo ago

O colapso adiántase: e agora que? Unha conversa con Marga Mediavilla, que tamén inclúe unha breve avaliación da profesora Rosa María Regueiro sobre as medidas paliativas postas en práctica polo goberno español.

https://www.pospetroleo.com/ames/podcast/programa-202-o-colapso-adiantase-e-agora-que/

#Colapso #Decrecemento #TransiciónEnerxética #Guerra #Irán #España #Galiza

pospetroleo.com

Programa 202. O colapso adiántase: e agora que? – Ames Pospetróleo

7
0
5
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 4mo ago

Bo día! Lembramos que este domingo pola tarde teremos unha actividade de investigación-acción ofrecida pola artista, activista e pesquisadora Marta Moreno Muñoz. Colapso, arte e preparación comunitaria serán os seus eixos. Máis información e preinscrición: https://www.pospetroleo.com/ames/2026/06/03/laboratorio-nomade-de-investigacion-accion-para-a-preparacion-comunitaria-ante-a-crise-ecosocial/

#Ames #Bertamiráns #Colapso #Decrecemento #Compostela

pospetroleo.com

Laboratorio nómade de investigación-acción para a preparación comunitaria ante a crise ecosocial – Ames Pospetróleo

3
1
2
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 4mo ago

🗓️ O domingo 14 teremos a artivista Marta Moreno Muñoz nesta actividade, unha sesión experimental de investigación-acción en torno ao colapso e a preparación das comunidades: https://www.pospetroleo.com/ames/2026/06/03/laboratorio-nomade-de-investigacion-accion-para-a-preparacion-comunitaria-ante-a-crise-ecosocial/

Se vos interesa asistir, escribide aos compañeiros do Instituto Resiliencia @instituto_resiliencia@15-15-15.social

#Galiza #Ames #Bertamirans #Decrecemento #Colapso #Caosclimatico #ActivismoClimatico

pospetroleo.com

Laboratorio nómade de investigación-acción para a preparación comunitaria ante a crise ecosocial – Ames Pospetróleo

3
0
2
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 5mo ago

Un honor ter de convidado no programa o grande @gerrymcgovern@mastodon.green (e a súa dona, que axudou coa tradución), para nos falar do seu libro "99th: A Warning About Technology". https://www.pospetroleo.com/ames/podcast/programa-204-o-dia-99-unha-advertencia-sobre-a-tecnoloxia/

#Tecnologia #Minaria #Colapso #Decrescimento #EnerxiasRenovables

pospetroleo.com

Programa 204. O día 99: unha advertencia sobre a tecnoloxía – Ames Pospetróleo

5
0
5
1
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 4mo ago

🎙️ Pechamos unha nova tempada do noso programa "Vivirmos nun mundo finito" entrevistando a Miguel Méndez, do Sindicato Labrego Galego e agricultor ecolóxico: https://www.pospetroleo.com/ames/podcast/programa-211-agroecoloxia-e-decrecemento-decisions-individuais-ou-politicas/

#Decrecemento #Agroecoloxia #Galiza #Rural #SoberaniaAlimentaria

pospetroleo.com

Programa 211: Agroecoloxía e Decrecemento: decisións individuais ou políticas? – Ames Pospetróleo

2
1
2
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 7mo ago

🎙️ No programa que se emitiu esta semana entrevistamos o filósofo, poeta e activista ecoloxista Jorge Riechmann, acerca dos 2 inminentes xuízos que o poden mandar á cadea (xunto a outros activistas)... por defender a supervivencia de todos nós! 🤬

https://www.pospetroleo.com/ames/podcast/programa-198-criminalizacion-da-protesta-polo-clima-pola-supervivencia/

Non deixedes de escoitalo e de espallalo! Grazas!

pospetroleo.com

Programa 198. Criminalización da protesta polo clima pola supervivencia – Ames Pospetróleo

5
0
7
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 7mo ago
Replying to
Por fin saiu o podcast do programa emitido esta semana: https://www.pospetroleo.com/ames/podcast/programa-197-o-colapso-dos-ecosistemas-ameaza-de-seguridade-nacional/ "O colapso dos ecosistemas, ameaza de seguridade nacional". Comentario de Ramom Flores e Manuel Casal ( @casdeiro ) #Colapso #Alimentacion #UK #galiza
pospetroleo.com

Programa 197. O colapso dos ecosistemas, ameaza de seguridade nacional – Ames Pospetróleo

5
0
3
1
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 4mo ago

E no programa que se emitiu onte (e máis hoxe pola mañá en redifusión), parolaron o Ramom Flores e o @casdeiro@15-15-15.social sobre a emerxencia alimentaria que temos á volta da esquina. https://www.pospetroleo.com/ames/podcast/programa-208-emerxencia-alimentaria-a-vista/

#Ormuz #Fertilizantes #Galiza #Agricultura #Autosuficiencia

pospetroleo.com
2
0
2
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 4mo ago

A semana pasada emitiuse a nosa entrevista con Xaquín Rubido sobre as diversas ameazas ás que se enfronta a ría máis produtiva de Galiza: https://www.pospetroleo.com/ames/podcast/programa-206-a-ria-de-arousa-ameazada/

#Arousa #GzSenPetroleo #Galiza #CaosClimatico

pospetroleo.com

Programa 207. A Ría de Arousa ameazada – Ames Pospetróleo

2
0
2
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 6mo ago

Esta semana seguimos a parolar con Daniel Gómez, de AEREN, sobre a guerra en Irán, neste caso centrándonos sobre as medidas que se están a propor e a pór en práctica para tentar paliar (momentaneamente) os seus efectos: https://www.pospetroleo.com/ames/podcast/programa-201-medidas-de-politica-enerxetica-fronte-a-guerra-de-iran/

#Ormuz #Guerra #Iran #Petroleo

pospetroleo.com
3
0
3
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 5mo ago

Moi interesante conversa con Gabriela Vázquez acerca das mulleres e o comunal: https://www.pospetroleo.com/ames/podcast/programa-206-o-potencial-do-comunal/

#Comunalismo #Ecofeminismo #Poscapitalismo #Galiza

pospetroleo.com

Programa 206. O potencial do comunal – Ames Pospetróleo

2
1
2
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 6mo ago

Os compañeiros de Ames Radio entrevistaron o Manuel @casdeiro@15-15-15.social acerca das 200 emisións do noso programa "Vivirmos nun mundo finito". Nunha longa conversa trataron os temas centrais do programa e falaron do que significa un espazo coma este na radio pública municipal.

https://www.pospetroleo.com/ames/2026/03/26/entrevista-en-ames-ao-dia-co-agallo-das-200-emisions-de-vivirmos-nun-mundo-finito/

#Radiopublica #Ames #AmesRadio #Decrecemento #TransicionEnerxetica

pospetroleo.com
3
0
1
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 8mo ago

No noso episodio 193 puidemos coñecer unha das comunidades de montes en mancomún máis interesantes do país: https://www.pospetroleo.com/ames/podcast/programa-193-a-comunidade-de-montes-de-couso/

#Galiza #MonteComunal #Couso #Gondomar

pospetroleo.com

Programa 193. A comunidade de montes de Couso – Ames Pospetróleo

4
0
2
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 7mo ago

No programa desta semana falamos con Sarah López, da área de Industria de @ecologistas@mastodon.social acerca do formigón, un dos materiais máis representativos da civilización industrial, os seus impactos e como reducilos ou evitalos. https://www.pospetroleo.com/ames/podcast/programa-196-o-impacto-do-formigon/

pospetroleo.com
3
0
3
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 4mo ago

🎙️ Algunha vez te preguntaches como podes facer para espallar ao teu redor a conciencia sobre o colapso e a necesidade dun urxente decrecemento democraticamente planificado? Velaquí o que che ten que contar un "divulgador de base": https://www.pospetroleo.com/ames/podcast/programa-210-concienciacion-horizontal/

#Decrecemento #Galiza #Decrescimento

pospetroleo.com

Programa 210: Concienciación horizontal – Ames Pospetróleo

1
0
1
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 4mo ago

Na entrevista desta semana falamos da proxectada planta de tratamento de cascallos en Cacheiras, no concello de Teo. O que fora no seu día referencia a nivel de toda España por recoñecer o Peak Oil, agora sae nos xornais por un proxecto tras outro contaminante e dependente do petróleo. Mais a veciñanza non fica impasible!

https://www.pospetroleo.com/ames/podcast/programa-209-a-planta-de-residuos-de-cacheiras/

pospetroleo.com

Programa 209: A planta de residuos de Cacheiras – Ames Pospetróleo

1
0
1
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 6mo ago

🎙️ Daniel Gómez, de AEREN (CrisisEnergetica.org) explicounos no programa desta semana as claves enerxéticas da guerra no Irán. https://www.pospetroleo.com/ames/podcast/programa-199-causas-e-consecuencias-enerxeticas-da-guerra-en-iran/

#Guerra #Petroleo #Iran #Trump

(E mañá gravamos a nosa emisión nº 200!!!) 🎉

pospetroleo.com
2
0
3
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 7mo ago

Se es oínte do noso programa "Vivirmos nun mundo finito", gostaríanos convidarte a nos mandares un breve audio para celebrarmos o noso programa nº 200, que montaremos a vindeira semana. Nun minuto ou 2, podes contarnos qué significa para ti o programa, os temas ou persoas entrevistadas que máis che interesaron, suxestións de cara a futuros programas... o que queiras! Podes mandárnolo por mensaxe privada, por email ou ao 662377413 (Whatsapp de Ames Radio) indicando que é para "Vivirmos..."
Grazas

2
0
1
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 7mo ago

🎙️ Novo episodio de "Vivirmos nun mundo finito". Nesta ocasión falamos con María Lamelas, da área de proxectos da FEGAMP, acerca das iniciativas para promover as comunidades enerxéticas no rural galego: https://www.pospetroleo.com/ames/podcast/programa-195-proxecto-ec4rural-comunidades-enerxeticas-para-o-rural-galego/

pospetroleo.com
2
0
2
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 5mo ago

🎙️ No programa que se emitiu esta semana falamos de agricultura rexenerativa con Ana Digón, quen preside a asociación que promove este tipo de prácticas agrícolas a nivel ibérico: https://www.pospetroleo.com/ames/podcast/programa-203-agricultura-rexenerativa/

#Agricultura #Galiza #AgriculturaRexenerativa #AgriculturaEcoloxica

pospetroleo.com

Programa 203. Agricultura Rexenerativa – Ames Pospetróleo

1
0
1
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 7mo ago

⚠️ AVISO (cun pouco de retraso, perdoade): Mudamos a fonte RSS do noso podcast 🎙️
https://www.pospetroleo.com/ames/2026/02/20/mudamos-a-fonte-rss-do-noso-podcast/

pospetroleo.com

Mudamos a fonte RSS do noso podcast – Ames Pospetróleo

1
0
1
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 8mo ago
Replying to
Porén, semella que non vén a fin dos combustibles fósiles como unha ameaza. E minimizan a cuestión dos microplásticos e a contaminación da cadea trófica mariña como "fake news" 😫 #PeakOil #PeakDiesel #Microplásticos
1
2
2
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 8mo ago

Publicouse xa a 2ª parte da nosa conversa con María Ferreiro, secretaria xeral do SLG, sobre o acordo UE-Mercosur. https://www.pospetroleo.com/ames/podcast/programa-192-o-acordo-de-libre-comercio-con-mercosur-2a-parte/

#MercoSur #UnionEuropea #ComisionEuropea #Galiza #SLG

pospetroleo.com
1
0
1
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 8mo ago

🎙️ Entrevistamos Maria Ferreiro, a secretaria xeral do SLG, acerca do que significa para o noso campo, o acordo da UE con Mercosur: https://www.pospetroleo.com/ames/podcast/programa-191-o-acordo-de-libre-comercio-con-mercosur-1a-parte/

#Mercosur #Galiza #agricultura

pospetroleo.com

Programa 191. O acordo de libre comercio con Mercosur, 1ª parte – Ames Pospetróleo

1
0
1
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 7mo ago

Mudamos a fonte RSS do noso podcast https://www.pospetroleo.com/ames/2026/02/20/mudamos-a-fonte-rss-do-noso-podcast/

Avisamos aquelas persoas que estivesen seguindo por RSS o noso programa no anterior enderezo, para que muden a https://www.pospetroleo.com/ames/feed/podcast/vivirmos-nun-mundo-finito/ xa que agora empregamos un plugin de podcasts para WordPress que ten un enderezo diferente. Pedimos desculpas ás persoas que estiven seguindo pola anterior fonte as nosas publicacións por non

pospetroleo.com

Mudamos a fonte RSS do noso podcast – Ames Pospetróleo

0
0
0
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 6mo ago

Entrevista en «Ames ao día» co agallo das 200 emisións de «Vivirmos nun mundo finito» https://www.pospetroleo.com/ames/2026/03/26/entrevista-en-ames-ao-dia-co-agallo-das-200-emisions-de-vivirmos-nun-mundo-finito/

O pasado luns 23 de marzo, unhas horiñas antes de se emitir o programa nº 200 do noso espazo na radio cidadá de Ames, Manuel Casal, o coordinador do mesmo, foi entrevistado por Belén Martínez e Juan Luis Silva no magazine Ames ao día da nosa radio municipal. Podedes escoitar o

pospetroleo.com
0
0
0
0
Open post
Ames Pospetróleo @amespospetroleo@15-15-15.social
· 4mo ago

Laboratorio nómade de investigación-acción para a preparación comunitaria ante a crise ecosocial https://www.pospetroleo.com/ames/2026/06/03/laboratorio-nomade-de-investigacion-accion-para-a-preparacion-comunitaria-ante-a-crise-ecosocial/

O vindeiro domingo 14 de xuño de 2026 realizaremos unha interesante e innovadora actividade da man dos nosos compañeiros do Instituto Resiliencia. A sesión enmárcase nunha liña de investigación de Marta Moreno Muñoz centrada na intersección de ecopedagoxía,

pospetroleo.com

Laboratorio nómade de investigación-acción para a preparación comunitaria ante a crise ecosocial – Ames Pospetróleo

0
0
0
0
Back
313k7r1n3
Elektrine

Tor hidden service

elekhj7afj4qnrr4yd3bkzslsyo5jgfxw3orgjkhlcxifueodybyiiad.onion

I2P eepsite

j6b6cyk6gjmepjih7jjadxgxvvf3lzzujljuu2v4biemzpg3naya.b32.i2p

Platform

  • Email
  • Chat
  • Timeline
  • VPN
  • DNS

Company

  • About
  • Contact
  • FAQ
  • Lite (no JS)

Legal

  • Terms of Service
  • Privacy Policy
  • Transparency Report
  • Report Abuse
  • Warrant Canary
  • VPN Policy

Support

  • support@elektrine.com
  • Report Security Issue
Mail client setup IMAP mail.elektrine.com:993 POP3 mail.elektrine.com:995 SMTP mail.elektrine.com:465
© 2026 Elektrine. All rights reserved. Server: 21:11:55 UTC